Comezamos a tradución

18 replies [Last post]
frandieguez
Offline
Joined: 09/19/2012

Ola a todos e todas,

comezamos a andaina de tradución da nosa rede social favorita ao Galego (que xa non era sen tempo). Somos moitos os que agardabamos o momento de comezar a traballar nisto, porén compre levar o traballo de tradución cun orde específico.

Primeiro comentar que eu non son coordenador, simplemente teño interese por levara a tradución de Twitter ao galego e teño bastante coñecemento e experiencia na tradución de software.

Os primeiros pasos que debemos facer é asentar unha terminoloxía que logo empregaremos ao longo do proceso de tradución de Twitter. Para os que non saiban en que consiste a terminoloxía dicirlles de forma sinxela que é a "tradución" ou adaptación de termos orixinais á nosa lingua para os cales hai varias posibilidades. Desta forma todos os tradutores poñémonos de acordo nese termo e non empregaremos os outros nas cadeas que o empreguen. P.ex. "attach a file" tradúcese como "anexar un ficheiro", porque anexar é a palabra específica para esta acción (fronte a xuntar, ...) , ou "file" tradúcese por "ficheiro", porque a outra opción "arquivo" refírese a un conxunto de ficheiros comprimidos (un ZIP ou RAR por exemplo é un arquivo que contén ficheiros dentro).

En moitas ocasións eu rexeito traducións desde a Interface por unha serie de razóns:
- As traducións non seguen a norma ILG-RAG.
- Non coinciden co contexto (en moitos casos se ídes á lapela "More information" tedes unha explicación máis longa do que vos están solicitando traducir, con contexto)
- A tradución é un castelanismo ou un hiperenxebrismo.
- A tradución ten fallos ortográficos (por exemplo tradución non ten dous cés)
- ...

En calquera dos casos anteriores sempre escribo unha razón pola que fago ditos rexeites.

Saúdos e ao traballo.